Iniciativa de fomento e impulso da muller na ciberseguridade

Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Telefónica, empresa adherida a CIBER.gal, a Deputación da Coruña, Deputación de Lugo e Deputación de Ourense, entidades fundadoras de CIBER.gal.

Charlas motivacionais gratuítas con profesionais do campo da ciberseguridade dirixidas a nenas de 3º e 4º da ESO coa finalidade de contar en primeira persoa os estudos necesarios, as saídas profesionais dentro do ámbito da ciberseguridade, poñendo de exemplo as propias traxectorias profesionais e os proxectos do día a día das relatoras. Con iso, lograr captar a atención das participantes e animalas a que poidan desenvolver unha carreira profesional e/ou académica sen ningún complexo no ámbito da ciberseguridade, e ademais dar a oportunidade de poder formular preguntas nunha contorna de confianza.

O desenvolvemento da actividade consta de 6 sesións distribuídas entre a Deputación da Coruña, Deputación de Lugo e Deputación de Ourense a desenvolverse no mes de febreiro.

O formato da actividade será en liña cunha duración de 120 minutos por sesión en diferentes centros educativos.