09:30 - 10:30
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Ourense, entidade fundadora de CIBER.gal.
Sesión formativa gratuíta dirixida a poboación sensible que comeza a empregar as tecnoloxías por si mesmos, rapazada de entre 8-11. Trátase dunha actividade que trata de visibilizar os perigos que existen na Internet (ciberbulling, perfís falsos, sexting, phising, hoax... entre outros), concienciar sobre o uso seguro (uso de contrasinais seguros, respecto...), pero, especialmente, darlles a confianza de que non se atopan sós, que as familias están para axudar en momentos difíciles.
Estará estruturado de xeito que aborde os seguintes:
A actividade terá lugar de forma presencial no CEIP Virxe dá Pena, no Irixo, Ourense. O tempo da actividade será duns 50 minutos e será guiado por unha persoa con amplos coñecementos na materia e sensibilidade cos rapaces e rapazas das idades obxectivo.