10:00 - 12:00
O obradoiro consiste na instalación e configuración de Snort sobre raspberry pi para a detección de intrusións en redes industriais, partindo dunha pequena rede industrial composta por un swtich SCALANCE XC2008 de Siemens, un PLC S7-1200 e unha raspberry pi que se conectará a un porto de switch configurado en espello.
O obradoiro consta das seguintes partes:
Coñecementos previos
Coñecementos básicos de informática e redes.
Materiais necesarios
Computador portátil con VNC Viewer ou similar para conexión mediante escritorio remoto a raspberry pi, wireshark e nmap instalados. Tamén será interesante ter instalado metasploit framework aínda que non é imprescindible.