Obradoiro técnico "Intrusión nun contorno de Directorio Activo e análise forense do devandito ataque"

12:00 - 14:00

Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela -Edificio Fontán -Sala 8
Evento caducado
Imaxe

Neste obradoiro mostraranse algunhas técnicas de intrusión e elevación de privilexios nu contorno de Directorio Activo con Windows Server 2019 e un cliente Windows 10. Posteriormente, realizarase unha análise forense dos equipos comprometidos co obxectivo de atopar as evidencias que o ataque deixase.

Coñecementos necesarios

  • Manexo de máquinas virtuais con VirtualBox
  • Coñecementos básicos de redes e administración de sistemas operativos

Infraestrutura necesaria para os asistentes: 

  • Computador portátil con:
    • microprocesador con alomenos 4 núcleos
    • 16GB de RAM
    • uns 200GB libres de disco ríxido, preferiblemente SSD
    • Software instalado VirtualBox versión 6.1
  • As máquinas virtuais e ficheiros de evidencias necesarios serán facilitados
  • As ligazóns de descarga facilitaranse con días de antelación