Riscos dixitais na cadea de subministración

12:00 - 13:00

Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Inditex, empresa adherida a CIBER.gal, e INCIBE, entidade fundadora de CIBER.gal.

Sesión formativa gratuíta dirixida a PEMES e autónomos coa finalidade de proporcionar boas prácticas para previr incidentes provocados por terceiros ou provedores. 

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura: 

  • Unha introdución aos riscos na cadea de subministración e por que son relevantes para calquera negocio, especialmente para pequenas empresas. 
  • Recomendacións sobre como unha peme pode mellorar a súa visibilidade sobre os riscos dixitais dos seus provedores. 
  • Consellos aplicables no contexto do e-commerce, como a protección das plataformas en liña, cumprimento de normativas ou colaboración segura con empresas de mensaxería. 
  • Casos prácticos ou simulados sobre consecuencias comúns dun ciberataque (impacto en vendas, reputación, servizo…). 
  • Boas prácticas básicas de ciberseguridade adaptadas a este tipo de empresas: xestión de contrasinais, actualizacións, backups, control de accesos etc. 

 

O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 60 minutos. 

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.