Sesión formativa sobre seguridade e protección de datos persoais

17:30 - 18:40

En liña
Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal.

Sesión formativa gratuíta dirixida a persoal e dirección das ANPAs, centros docentes e pais/nais/titores legais, coa finalidade de concienciar ás ANPAs e ao ámbito educativo en xeral, da gran cantidade de datos persoais que manexan, onde un mal uso dos mesmos ou un descoido pode provocar brechas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade. Á súa vez, ofrecer recursos e boas prácticas para fomentar a privacidade e a seguridade na relación das ANPAs cos centros docentes e os pais, nais e titores legais.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Protección de datos no ámbito educativo
    • Relación das ANPAs cos centros educativos
    • Relación das ANPAs cos pais ou titores legais e alumnos
      • Datos persoais identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imaxes
      • Consentimento expreso, aspecto clave
      • Dereitos en materia de protección de datos
    • A figura do Delegado de Protección de Datos
    • Brechas de seguridade
       
  • Casos prácticos:
    • Tratamento e publicación de imaxes
    • Promoción e participación en actividades
    • Uso de mensaxería instantánea (WhatsApp)
    • Redes sociais
       
  • Recursos AEPD - Ámbito educativo
     

O formato da actividade será en liña, cunha duración de 70 minutos.

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.

Información relacionada