#CiberseguridadeTVG - Roberto González

Imaxe

Nesta entrevista a Roberto González, expúxose a necesidade por parte da sociedade de coñecer as vulnerabilidades no uso da rede, así como a adopción dos medios preventivos necesarios para non ser vítimas dun ciberdelito. 

Neste sentido, Roberto destaca que unha das misión da policía é tratar de concienciar aos cidadáns de que hai que utilizar a rede cunhas medidas de seguridade mínimas. 

Para rematar a entrevista, cita algunhas medidas básicas de prevención:

  1. Facer consultas externas a través doutros buscadores sobre a veracidade de certos mensaxes

  2. Non aportar datos a ningunha persoa na rede

  3. Cambiar os contrasinais cada pouco tempo e actualizar os servizos infromáticos

Para ver a entrevista completa, premer aquí e visualizar no minuto 35:13