Antivirus CrowdStrike en Windows: Pantalla azul e equipo inaccesible

Imaxe
Nivel de alerta
Crítico

Recursos afectados: ordenadores con sistema operativo de Microsoft e antivirus CrowdStrike.

Síntomas: a pantalla do equipo aparece en cor azul cunha mensaxe de error. Non é posible acceder ao equipo. 

Descrición de accións para evitar o risco ou solucionalo

A empresa provedora xa ten localizado o problema e está a proporcionar a actualización correcta, polo que non se espera que equipos que non tivesen problemas ata o momento estean en perigo, aínda que o seu antivirus sexa CrowdStrike.

Para aqueles que xa están afectados, o Incibe recomenda os seguintes pasos:

Iniciar o ordenador en modo seguro ou no entorno de recuperación de Windows.

Acceder á carpeta C:\Windows\System32\drivers\CrowdStrike.

Eliminar o arquivo “C-00000291*.sys”.

Reiniciar o equipo.

Se o equipo ten o sistema de protección BitLocker activado, podría requerir a clave de recuperación. 

Información relacionada