Coa campaña da Renda 2024 en curso, a Axencia Tributaria alerta do risco de distintos tipos de engano utilizando este pretexto.
Xa se teñen detectado distintos formatos tanto de mensaxes de correo electrónico como SMS que tratan de enganar a quen os recibe para obter datos bancarios ou transferencias de cartos.
A Axencia Tributaria lémbranos que:
Nunca vai solicitar por correo electrónico ou SMS información confidencial, económica ou persoal.
Se che chega unha mensaxe de correo que semelle proceder da Axencia cun arquivo achegado, é moi probable que conteña malware. A Axencia non envía arquivos achegados.
Non fai devolucións a tarxetas de crédito ou débito nin utiliza BIZUM. Se che piden estes datos, non os proporciones.
Nunca cobra polos servizos que presta.
Se detectas algún destes intentos de estafa, non sigas as instrucións. Podes denuncialo na conta de correo de incidentes do Incibe, para contribuír á loita contra o cibercrime, e, finalmente, borrar a mensaxe para evitar confusións