O Incibe detectou unha campaña, na cal os ciberdelincuentes están a utilizar a técnica de smishing, que se basea no envío de mensaxes de texto, onde se informa ao usuario de que a Axencia Tributaria ordenou o pago dun importe determinado en concepto dunha suposta devolución do IRPF da renda do ano 2023. A mensaxe contén unha ligazón a unha web fraudulenta que suplanta a identidade da Axencia Tributaria, co pretexto de que o usuario acceda para que obteña máis información. O fin desta fraude é obter os datos persoais e bancarios da vítima.
Se se recibe unha mensaxe de texto coas características mencionadas, non se debe acceder á ligazón adxunta e en ningún caso proporcionar as credenciais que se solicitan.
En caso de ter proporcionado as credenciais, consultar os próximos pasos que poden axudar a minimizar o perigo na seguinte ligazón: