Consello da Garda Civil: datos persoais nas etiquetas dos paquetes

Imaxe
Nivel de alerta
Medio

Mediante un vídeo, a Garda Civil axúdache a previr que suplanten túa identidade usando os datos de entrega dos paquetes que che chegan.

As compras en liña xa forman parte dos hábitos de consumo normais en España. En épocas do ano como o Nadal, o tráfico de paquetes multiplícase e é habitual desfacerse dos envoltorios ou caixas tirándoos ao contedor de reciclaxe que lles corresponda. 

Se o fas así, sen tomar precaucións, podes estar facilitando que alguén suplante a túa identidade, xa que as etiquetas dos paquetes adoitan conter algúns datos persoais bastante relevantes: nome, apelidos, dirección completa, tenda na que compraches (e na que posiblemente teñas unha conta de usuario) ...

Como podes ver no vídeo que a Garda Civil publicou na súa canle de TikTok, non é complicado protexer eses datos fretando sobre a etiqueta con alcohol ou destruíndoa.

Coida os teus datos persoais e axuda ás persoas da túa contorna a que coiden os seus.

Información relacionada