Nivel de alerta
Alto
Estase a detectar unha campaña de phishing mediante envío masivo de mensaxes de correo electrónico que suplantan ao Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).
O obxectivo é obter datos das vitimas convencéndoas de que están sendo investigadas en referencia aos seguintes asuntos:
- Protección de datos e material audiovisual de carácter pornográfico.
- Acceso e visualización de contidos de audio e vídeo de natureza pornográfica.
- Difusión de contidos audiovisuais en liña, incluída a pornografía, co obxectivo de protexer aos menores.
Se recibes unha mensaxe deste tipo, non atendas ás peticións. En caso de dúbida podes consultar chamando ao 017.
Información relacionada
Ligazóns de interese