Detectouse unha vulnerabilidade crítica no cliente Windows SMB, identificada como CVE-2025-33073, que permite a un atacante escalar privilexios e comprometer completamente contornas de Active Directory mediante ataques de NTLM Reflection e autenticación por relay.
A vulnerabilidade afecta ao mecanismo de autenticación NTLM de Windows e pode ser explotada por atacantes con acceso á rede para forzar a autenticación de sistemas lexítimos contra servizos controlados polo atacante, permitindo:
- Escalada de privilexios ata nivel SYSTEM
- Manipulación directa de obxectos de Active Directory
- Modificación da pertenza a grupos
- Compromiso de controladores de dominio e sistemas críticos
Observouse que esta técnica pode explotarse mesmo en contornas onde SMB Signing está habilitado, mediante ataques de relay entre protocolos (SMB cara a LDAPS, RPC, ADCS, MSSQL ou WinRM).
Impacto
- Compromiso total do dominio
- Alto risco en controladores de dominio, servidores de nivel crítico (Tier-0) e estacións de traballo
- Ampla superficie de ataque en contornas corporativas
- Especial gravidade en infraestruturas nas que os usuarios autenticados poden crear rexistros DNS en Active Directory
Vector de ataque
- Ataques de NTLM Reflection
- Técnicas de coerción de autenticación
- Relay de autenticación SMB cara a outros servizos internos
- Non require privilexios elevados iniciais
Medidas recomendadas
Recoméndase actuar de forma inmediata:
- Aplicar as actualizacións de seguridade de Windows publicadas en xuño de 2025
- Restrinxir a capacidade dos usuarios autenticados para crear rexistros DNS en Active Directory
- Revisar e reforzar as listas de control de acceso (ACL) das zonas DNS
- Verificar e reforzar:
• SMB Signing
• Channel Binding
• Medidas de protección de NTLM en todos os protocolos dispoñibles - Auditar intentos de NTLM relay e tráfico anómalo entre servizos internos
- Priorizar a revisión de controladores de dominio e sistemas críticos
Estado
- Vulnerabilidade amplamente non parcheada en contornas empresariais
- Explotable en escenarios reais
- Risco elevado en ausencia de medidas de mitigación