COMO SABEN OS ATACANTES TANTA INFORMACIÓN SOBRE MIN?

Hoxe en día, cada vez que accedemos a un servizo en liña para facer unha consulta ou buscar unha información, deixamos un rastro que se vai acumulando e retroalimentando con cada novo acceso. Ademais, a publicación de contido en redes sociais deixa á vista de calquera os nosos gustos e rutinas e, o que é máis preocupante, os de quen nos rodea. Con todo iso, os delincuentes teñen suficiente información para elaborar os seus intentos de engano.