PODE OUTRA PERSOA EXERCER OS MEUS DEREITOS NO MEU NOME?

De maneira xeral, non. Estes dereitos teñen carácter personalísimo, o que significa que só poden ser exercidos polos seus titulares ou os seus representantes legais.  

No caso dos menores de 14 anos, o exercicio destes dereitos realizarao quen ostente a patria potestade ou tutela sobre ese menor. Agora ben, os maiores de 14 anos están habilitados para exercelos por eles mesmos.