Co obxecto de impulsar a capacitación en ciberseguridade no eido empresarial e profesional, promóvense, a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, as formacións gratuítas que se expoñen deseguido, co propósito de reforzar o coñecemento dos profesionais neste ámbito.
Este curso enfocase no programa Cisco Networking Academy, centrado na configuración, administración e resolución de problemas en redes empresariais avanzadas.
Este curso enfocase na seguridade en redes que aborda tecnoloxías de protección de dispositivos, comunicacións seguras, cifrado, firmas dixitais e infraestruturas de clave pública.
Este curso proporciona aos participantes as habilidades para abordar os riscos de seguridade nos dispositivos IoT mediante a avaliación de vulnerabilidades e a implementación de estratexias de mitigación.
Este curso ten como finalidade preparar aos profesionais en auditorías de sistemas de información e xestión de seguridade.
Este curso capacita ao alumnado para detectar, analizar e responder a ameazas como a ciberdelincuencia, ciberespionaxe ou as ameazas persistentes.
Este curso ensina habilidades avanzadas de caza de ameazas e resposta a incidentes, permitindo ao alumnado identificar, contrarestar e recuperarse de ataques en redes empresariais.
Este curso proporciona información especializada en investigación forense dixital, capacitando ao alumnado das ferramentas e técnicas necesarias para analizar evidencias como a Dark Web, IoT e Cloud.
Este curso enfocase na xestión da seguridade da información e orientase na preparación para a obtención da certificación CISM de ISACA, recoñecida internacionalmente.
Este curso ofrece unha formación completa e práctica en Hacking Ético, dividida en módulos especializados sobre hacking en sistemas, hacking ético web e post-explotación, con sesións de adestramento intensivo e un exame final de certificación RTCP.
Este curso capacita aos profesionais do sector TIC para aplicar boas prácticas no desenvolvemento do software. Neste curso o alumnado poderá obter a certificación CSSLP de ISC2.