Co obxecto de impulsar a capacitación en ciberseguridade no eido empresarial e profesional, promóvense, a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, as formacións gratuítas que se expoñen deseguido, co propósito de reforzar o coñecemento dos profesionais neste ámbito.
Este curso prepara aos profesionais en ciberseguridade para levar a cabo respostas eficaces ante incidentes, combinando coñecementos teóricos e prácticos. Con esta formación o alumnado identificará, analizará e responderá a ameazas tanto en contornas na nube como en sistemas máis tradicionais, utilizando diferentes ferramentas e técnicas. Con este curso obterás a certificación GIAC Incident Handler (GCIH).