Xornada de difusión dos cursos de especialización en ciberseguridade en formación profesional

09:30 - 11:00

Centro de Innovación de FP Eduardo Barreiros (Rúa Ermida, 185 - Ourense)
Caducado
Imaxe

Presentación a cargo da Amtega e a Dirección Xeral de Formación Profesional dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade en Formación Profesional. O público obxectivo son estudantes de formación profesional que pensen na ciberseguridade como materia para desenvolver a súa vida laboral.

Modalidade: Presencial

 

Programa RETECH

Esta iniciativa forma parte do investimento no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).