Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) póñense ao dispor da cidadanía dous seminarios gratuítos de 4 horas de duración en modalidade presencial co obxectivo de comprender a importancia da ciberseguridade e a súa xestión nas empresas e organizacións.
Estas formacións gratuítas, que contan con certificación de asistencia, forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A continuación, detállase a información relativa a cada seminario:
Ademais destes seminarios, o CNTG dispón dun amplo abanico de actividades para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/xornadas