Aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics, que inclúe a certificación GIAC Certified Forensic Analyst (GCFA) do SANS Institute – GIAC Certifications

Imaxe

Por primeira vez en Galicia, ofrécese a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e de forma totalmente gratuíta o curso Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics, que inclúe a certificación GIAC Certified Forensic Analyst (GCFA) dunha as entidades máis recoñecidas a nivel mundial, o SANS Institute - GIAC Certifications.

Os obxectivos do curso son os seguintes:

  • Comprender as técnicas das/os atacantes para realizar avaliacións de compromiso
  • Detectar como e cando se produciu unha brecha
  • Identificar rapidamente os sistemas comprometidos e infectados
  • Realizar avaliacións de danos e determinar que se leu, roubou ou modificou
  • Conter e remediar incidentes de todo tipo
  • Rastrexar ás/os adversarios e desenvolver intelixencia sobre ameazas para delimitar unha rede
  • Cazar novas brechas utilizando o coñecemento das técnicas dos adversarios
  • Desenvolver habilidades forenses avanzadas para contrarrestar as técnicas antiforense e a ocultación de datos dos suxeitos técnicos

O curso, cunha duración de 50 horas e impartido polo SANS Institute – GIAC Certifications, está dirixido a xestoras/es de incidentes, persoas responsables de equipos de xestión de incidentes, administradoras/es de sistemas en primeira liña defendendo os seus sistemas e respondendo os ataques, outro persoal de seguridade que son os primeiros en responder cando son atacados e profesionais da seguridade en xeral e arquitectas/os de seguridade que desexen deseñar, construír e operar os seus sistemas para previr, detectar e responder os ataques.

As prazas son limitadas, e o prazo de inscrición está aberto ata o 2 de outubro.

A continuación, detállase a información de interese:

Estas formacións gratuítas, forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Información relacionada