Aberto prazo de inscrición para varios cursos gratuítos de ciberseguridade impartidos polo CNTG

Imaxe

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía varios cursos gratuítos en modalidade presencial, destinados ao entendemento e profundización de diferentes temáticas no ámbito da seguridade informática.

Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A continuación, detállase a información relativa a cada curso:

  • Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI)
    • Inscricións: Del 03/06/2024 al 18/06/2024
    • Proba de selección: Presencial no CNTG (Santiago de Compostela) – 25/06/2024 ás 19:30h
    • Período de impartición do curso: Do 09/09/2024 ao 20/09/2024 (luns a xoves de 16:00h a 21:00h e venres de 16:00h a 20:00h.)
    • Duración: 48 horas
    • Modalidade: Gratuíta – Presencial
    • Prazas: 20
       
  • Red Hat Certified System Administrator Rapid Track course
    • Inscricións: Del 03/06/2024 al 18/06/2024
    • Proba de selección: Presencial no CNTG (Santiago de Compostela) – 25/06/2024 ás 16:30h
    • Período de impartición do curso: Do 09/09/2024 ao 04/10/2024 (luns a venres de 16:30h a 20:30h)
    • Duración: 80 horas
    • Modalidade: Gratuíta – Presencial
    • Prazas: 16
       
  • Cisco Network Security
    • Inscricións: Del 03/06/2024 al 18/06/2024
    • Proba de selección: Presencial no CNTG (Santiago de Compostela) – 24/06/2024 ás 17:30h
    • Período de impartición do curso: Do 16/09/2024 ao 29/10/2024 (luns a venres de 16:30h a 20:30h)
    • Duración: 140 horas (40h presenciales, 40h virtuales, 60h teleformación)
    • Modalidade: Gratuíta - Presencial + virtual + teleformación
    • Prazas: 20

Ademais destos cursos, o CNTG dispón dun amplo abanico de cursos para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos