Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en colaboración co SANS Institute ponse ao dispor de profesionais cualificados do sector da ciberseguridade 2 cursos gratuítos en modalidade virtual cos que obter certificados GIAC.
Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A continuación, detállase a información relativa aos cursos:
Hacker tools, techniques and incident handling
Mediante este curso, aprenderase a aplicar un proceso dinámico de resposta a incidentes ás ciberamenazas en evolución e a desenvolver intelixencia sobre ameazas para montar estratexias de defensa eficaces para plataformas na nube e locais. Así mesmo, o curso examinará as ameazas máis recentes para as organizacións, desde os ataques de "watering hole" ata o compromiso do correo electrónico empresarial, introducindo a mentalidade das/os atacantes e anticipándose aos seus movementos. Ademais, proporcionando as habilidades que se necesitan para comprender como as/os atacantes exploran, explotan, pivotan e establecen persistencia en sistemas na nube e convencionais.
Advanced incident response, threat hunting and dixital forensics
As tácticas e procedementos de caza de ameazas e resposta a incidentes evolucionaron rapidamente nos últimos anos. Xa non se pode permitir utilizar técnicas anticuadas de resposta a incidentes e caza de ameazas que non identifican correctamente os sistemas comprometidos. A clave está en buscar constantemente ataques que burlen os sistemas de seguridade e en atrapar as intrusións en curso, en lugar de facelo despois de que as/os atacantes completen os seus obxectivos e causen danos peores á organización. Para o persoal de resposta a incidentes, este proceso coñécese como "caza de ameazas". Este curso ensina habilidades avanzadas para cazar, identificar, contrarrestar e recuperarse dunha ampla gama de ameazas dentro das redes empresariais, incluíndo adversarios APT nación-estado, sindicatos do crime organizado e operadores de ransomware.