Apertura de inscrición para novos cursos gratuítos de ciberseguridade ata o 18 de maio

Imaxe

No mes de xuño darán inicio catro novas formacións gratuítas de ciberseguridade, e de seguido se achega a información xeral de cada unha delas. 

Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI)

O curso enfocase na análise de evidencias da Dark Web, IoT e Cloud Forensics. Os obxectivos deste curso son:

  • Desempeñar un papel activo na investigación e conservación de probas dixitais e non dixitais dun ataque.

  • Utilizar intelixencia de ameazas para anticipar e alertar aos equipos cibernéticos en caso de futuros ataques.

Información xeral do curso:
  • Metodoloxía presencial. 

  • Número de prazas limitado a 20 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de maio ás 16:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 48 horas. 

  • O curso desenvolverase do 2 ao 13 de xuño, cun horario de luns a venres de 16:00h a 21:00h.

Máis información en: Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI) - 2ª edición

 

Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics 

O curso enfocase en tácticas avanzadas de caza de ameazas.  Algúns obxectivos deste curso son:

  • Aprender e dominar as ferramentas, técnicas e procedementos necesarios para detectar e conter unha variedade de adversarias/os e solucionar incidentes.

  • Identificar e rastrexar o malware cara á súa canle de mando e control (C2) mediante análises forenses e residuos de conexión de rede.

  • Utilizar análise de memoria, resposta a incidentes e ferramentas de caza de ameazas en SIFT Workstation.

  • Rastrexar a actividade de usuarias/os e atacantes .

Información xeral do curso:
  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 10 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de maio ás 19:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 50 horas. 

  • O curso desenvolverase do 9 ao 14 de xuño co seguinte horario: o luns de 9:30 a 18:00 horas e de martes a sábado de 10:00 a 18:00 horas.

Máis información en: FOR508: Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics - 2ª edición


Certified Information System Auditor (CISA)

O curso está orientado a lograr a certificación CISM, recoñecida internacionalmente como líder para xestores de seguridade da información. Algúns dos obxectivos do curso son:

  • A describir a influencia da propiedade e control do risco no programa de seguridade da información.

  • A aplicar estratexias, suxestións e técnicas para superar o exame.

  • A describir os procesos e métodos utilizados para investigar, avaliar e conter un incidente.

Información xeral do curso:
  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 20 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 26 de maio ás 16:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 30 horas. 

  • O curso desenvolverase do 16 ao 25 de xuño co seguinte horario: de luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas e o venres de 16:30 a 18:30 horas.

Máis información en: Certified Information System Auditor (CISA)


Seguridade en IoT

O curso céntrase no uso de tecnoloxías avanzadas na avaliación de riscos nos sistemas IoT. Algúns obxectivos deste curso son:

  • Adquirir habilidades de White Hat Hacker para realizar avaliacións de vulnerabilidade e risco en sistemas IoT.

  • Desenvolver competencias necesarias para mitigar eficazmente as ameazas nos sistemas IoT ao longo dos seis temas do curso.

Información xeral do curso:
  • Metodoloxía presencial. 

  • Número de prazas limitado a 20 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 26 de maio ás 17:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 40 horas. 

  • O curso desenvolverase do 23 de xuño ao 4 de xullo co seguinte horario: de luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.

Máis información en: Seguridade en IoT

Todas estas formacións inclúen o diploma de asistencia e a opción gratuíta dun exame de certificación oficial.

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).