Apertura de inscrición para novos cursos gratuítos de ciberseguridade ata o 2 de novembro

Imaxe

 

No mes de novembro darán inicio catro novas formacións gratuítas de ciberseguridade, e de seguido se achega a información xeral de cada unha delas. 

 

Curso Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade

O curso ofrece unha visión completa e detallada do marco legal e regulador da Ciberseguridade, así como da importancia do cumprimento normativo na contorna dixital actual. Os obxectivos deste curso son:

  • Comprender o marco normativo nacional e internacional aplicable á ciberseguridade e o CyberCompliance. 

  • Aplicar estándares, boas prácticas e metodoloxías para a xestión de riscos legais e cumprimento normativo.

  • Desenvolver competencias para implementar, auditar e supervisar sistemas de xestión de CyberCompliance en organizacións.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual

  • Número de prazas limitado a 16 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 6 de novembro ás 17:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 30 horas

  • O curso desenvolverase co seguinte horario:

    • 1 de decembro: de 16:00 a 18:00

    • 2 de decembro: de 16:00 a 18:00

    • 3 de decembro: de 16:00 a 20:00

    • 17 de decembro: de 16:00 a 18:00

    • 18 de decembro: de 16:00 a 20:00

    • 19 de decembro: de 16:00 a 18:00

    • 24 de decembro: de 16:00 a 20:00

    • 25 de decembro: de 16:00 a 20:00

    • 26 de decembro: de 16:00 a 20:00

Máis información en: Curso Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade

 

Formación en Resposta a Incidentes (DFIR) e Análise Forense

O curso capacita para levar a cabo a adquisición de evidencias dixitais tanto de sistemas Windows e Linux vivos, como de imaxes forenses, así como doutros sistemas auxiliares, típicos dunha rede corporativa como poden ser firewalls, servidores DHCP, VPN, etc,.  Algúns obxectivos deste curso son:

  • Análise forense e DFIR en Redes

  • Análise forense e DFIR en Windows

  • Análise forense e DFIR en Linux

  • Adestramento 100% práctico de DFIR Vol.1

  • Adestramento 100% práctico de DFIR Vol.2

  • Exame de certificación IRCP (Incident Response Certified Professional) de Securízame

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual

  • Número de prazas limitado a 20 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 6 de novembro ás 16:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela.

  • A duración do curso será de 90 horas

  • O curso desenvolverase do 1 ao 4 e do 15 ao 18 de decembro, o 12,13 e do 26 ao 29 de xaneiro e en febreiro do 9 ao 12 de 16:00 a 21:00 h.

Máis información en: Formación en Resposta a Incidentes (DFIR) e Análise Forense

 

NIS2 Coñece e aplica o framework regulatorio de ciberseguridade

Este curso proporciona profundos coñecementos sobre a implantación da Directiva NIS2, abranguendo as políticas, incidentes, seguridade, xestión da cadea de subministración e os riscos asociados. Algúns dos obxectivos do curso son:

  • Explicar os conceptos fundamentais da Directiva NIS2 e os seus requisitos.

  • Obter unha comprensión profunda dos principios, estratexias, metodoloxías e ferramentas necesarias para implementar e xestionar eficientemente un programa de ciberseguridade de conformidade coa Directiva NIS2.

  • Aprender a interpretar e implementar os requisitos da Directiva NIS2 no contexto específico dunha organización.

  • Adquirir o coñecemento necesario para axudar a unha organización para planificar, implementar, xestionar, monitorizar e manter de maneira efectiva un programa de ciberseguridade de conformidade coa Directiva NIS2.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual

  • Número de prazas limitado a 16 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 6 de novembro ás 18:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela.

  • A duración do curso será de 10 horas

  • O curso desenvolverase do 17 de novembro ao 25 de novembro co seguinte horario:

    • 17 de novembro: de 16:00 a 18:30

    • 18 de novembro: de 16:00 a 19:30

    • 24 e 25 de novembro: de 16:00 a 18:00 horas

Máis información en: NIS2 Coñece e aplica o framework regulatorio de ciberseguridade

 

Certified Cloud Security Professional (CCSP) – ISC2

Este curso proporciona unha cobertura en profundidade dos oito dominios requiridos para aprobar o exame CISSP:

  • Xestión de Identidade e Acceso (IAM)

  • Avaliación e Probas de Seguridade

  • Seguridade e Xestión de Riscos

  • Operacións de Seguridade

  • Seguridade de Activos

  • Seguridade no desenvolvemento de software

  • Arquitectura e enxeñería de seguridade

  • Seguridade de redes e comunicacións

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual

  • Número de prazas limitado a 16 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 5 de novembro ás 16:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 35 horas

  • O curso desenvolverase do 1 ao 12 de decembro, cun horario de luns a venres de 17:00h a 20:30h.

Máis información en: Certified Information Systems Security Professional (CISSP) - ISC2

 

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).