Apertura do prazo de inscripción para o curso gratuíto Hacker tools, Techniques and Incident Handling ata o 9 de marzo

Imaxe

Dende o 24 de febreiro ata o 9 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Hacker tools, Techniques and Incident Handling. O curso capacita para investigar incidentes de ciberseguridade, desenvolver intelixencia sobre ameazas e crear estratexias de defensa eficaces en entornos na nube e locais.

Os obxectivos deste curso son:

  • Aplicar un enfoque dinámico á resposta ante os incidentes. Utilizando indicadores de compromiso, practicaranse os pasos para responder eficazmente ás brechas de seguridade.
  • Aplicar o aprendido mediante exercicios prácticos: o 50% do curso é práctico e nel atacaranse, defenderanse e avaliaranse os danos causados polas ameazas.
  • Traballar con contornas de rede complexas, plataformas e aplicacións host do mundo real e conxuntos de datos complexos que reflictan o tipo de traballo que se lle pode pedir que realice.
  • Utilizar as ferramentas que os atacantes empregan para comprender como se aplican e os artefactos que deixan tras de si.

Información relevante do curso Hacker tools, Techniques and Incident Handling:

  • Metodoloxía virtual.
  • Número de prazas limitado a 10 prazas.
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 12 de marzo ás 16:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela.
  • A duración do curso será de 50 horas.
  • O curso desenvolverase do 7 ao 12 de abril co seguinte horario: luns de 9:30 a 19:30, e de martes a sábado de 10:00 a 18:00 horas.
  • A matrícula é gratuíta, inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta do exame da certificación oficial GIAC Certified Incident Handler (GCIH).

Para obter máis información sobre o curso, pódese acceder ó seguinte enlace da páxina web do CNTG, onde se atopa toda a información detallada e onde se poderá realizar a inscrición: Cursos - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Información relacionada