#CiberseguridadeTVG – Clonación de voces con intelixencia artificial, nova ferramenta dos cibercarrachos para estafar

Imaxe

No programa “Hora Galega” da TVG, realizouse unha reportaxe na que se aborda o crecente perigo dos ciberdelincuentes que utilizan intelixencia artificial para clonar voces, co obxectivo de estafar, pedindo diñeiro ou axuda. Estas tecnoloxías poden reproducir a nosa voz de maneira tan convincente que é difícil detectar unha falsificación. Con esta ferramenta pódense realizar múltiples actividades fraudulentas, todas con fins maliciosos. 

Nun experimento realizado na propia reportaxe, móstrase como, efectivamente, é sinxelo clonar unha voz mediante estas aplicacións, a maioría das cales son mesmo gratuítas. As persoas que participaron no experimento comentaron que poderían facilmente caer nunha trampa, xa que a imitación é tan realista que resulta difícil identificar se quen está falando é unha persoa real ou unha intelixencia artificial. Este perigo, sumado á accesibilidade destas aplicacións, resalta a urxencia de tomar medidas para protexernos desta nova forma de ciberdelincuencia.

Para ver a reportaxe completa, acceder aquí.

Información relacionada