#CiberseguridadeTVG – Entrevista a Olegario Sampedro sobre a protección da infancia nas redes

Imaxe

Olegario Sampedro, Director do Instituto de Mediación Educativa de Ribeira, indica que é un avance na protección dixital dos menores, que un anteproxecto de lei inclúa 16 anos como idade mínima para rexistrar unha conta nunha rede social.

Este avance, comenta Sampedro, é importante para xerar un espazo dixital seguro onde os menores de 16 anos non poderán ceder os seus datos a redes sociais.

Adicionalmente, o director destaca que o anteproxecto de lei vén dun consenso de diferentes ámbitos da sociedade e política española, aínda que o seu alcance deberá ser negociado co dereito europeo, xa que as sedes da maioría das redes sociais non están localizadas fisicamente en España.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 05:25.