Inés Amor, voceira da Policía Nacional, comenta durante a entrevista que existen ciberdelincuentes que contactan por teléfono tentando enganar e sonsacar todo tipo de información bancaria e/ou persoal para realizar futuros delitos.
Normalmente, son organizacións internacionais de fóra da Unión Europea as que se atopan detrás destes perfís e existe colaboración internacional policial para a súa localización.
Podendo a intelixencia artificial hoxe en día replicar a voz de alguén coñecido, Inés Amor recomenda que, en caso de recibir este tipo de chamadas, o mellor é colgar e chamar á persoa en cuestión, ou mesmo realizarlle algunha pregunta persoal para comparar se é ela. Con todo, sempre tendo en conta que hai certos datos aos que facilmente se poden acceder a través das RRSS.
Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 12:42.