No espazo Lambóns Dixitais da TVG (24/03/2026), abordáronse os riscos de ciberseguridade relacionados co uso de códigos QR nunha entrevista con Javier Mosquera. Destacouse que, dende a pandemia, o seu uso estendeuse a numerosos ámbitos cotiáns.
Analizouse como os ciberdelincuentes poden aproveitar esta confianza, por exemplo colocando adhesivos con QR falsos en farolas ou parquímetros. Estes códigos redirixen a páxinas fraudulentas onde o usuario introduce os seus datos crendo que está nun entorno seguro.
Entre as principais sinais de alerta sinaláronse QR en lugares sospeitosos, redireccións a webs non fiables e solicitudes de datos sensibles.
Tamén se destacou que 8 de cada 10 españois almacenan información sensible en formato dixital, cifra que acada case o 90% entre a xente nova, mentres que as persoas maiores de 60 anos amosan máis reticencias.
Como recomendacións, insistiuse en comprobar sempre a procedencia do QR, non confiar automaticamente e, ante calquera dúbida, preguntar ou verificar, lembrando que previr é máis eficaz ca reaccionar.
Para escoitar a entrevista completa, pódese acceder aquí:
https://www.agalegaaudio.gal/videos/355946-lambons-dixitais-28-04-2026
a partir do minuto 19:57