No espazo Lambóns Dixitais da TVG (24/03/2026) abordáronse os fraudes bancarios mediante SMS que imitan comunicacións reais das entidades financeiras. Destacouse que poden afectar a calquera persoa, mesmo con alta competencia dixital, por despistes puntuais.
Analizouse un caso no que se recibe unha mensaxe bancaria falsa que alerta dunha transferencia urxente. Entre os principais sinais de alerta sinaláronse: recibir SMS sen estar a operar na banca en liña, mensaxes que apelan á urxencia, ligazóns a páxinas falsas e solicitudes de claves ou códigos de verificación.
Advertiuse tamén do risco da clonación de tarxetas SIM, que permite interceptar códigos de autenticación, e da falta de seguridade do SMS como método de validación bancaria.
Como recomendacións, salientouse non premer ligazóns sospeitosas, acceder sempre á banca desde a aplicación oficial, evitar redes wi‑fi públicas e consultar directamente coa entidade bancaria ante calquera dúbida, lembrando que previr é máis eficaz que reaccionar.
Para escoitar a entrevista completa, pódese acceder aquí:
https://www.agalegaaudio.gal/videos/341541-lambons-dixitais-24-03-2026
a partir do minuto 04:30