CiberseguridadeTVG – IA, clonación de voz/imaxe e ciberestafas: actuar con criterio e denunciar da man de Senén Barro, director de CiTIUS

Imaxe

En Hora Galega da TVG (03/12/2025), Senén Barro, director de CiTIUS, abordou como a intelixencia artificial facilita clonacións de voz e imaxe e complica distinguir o real do falso. O punto principal da súa intervención é a chamada á prudencia activa: aplicar razoamento crítico e non actuar de inmediato ante mensaxes persuasivas.

Como ameazas, Barro sinala o uso de canles non habituais e a solicitude de datos persoais ou accesos a recursos críticos (conta bancaria, DNI, etc.) como ganchos frecuentes nas ciberestafas con IA. O incremento de contidos sintéticos (voz/imaxe) fai máis difícil verificar a autenticidade da información e aumenta o risco de decisións precipitadas.

Entre as recomendacións prácticas, subliña: manter un cuestionamento permanente, evitar a inmediatez ao asinar, premer ou facilitar datos; desconfiar se a mensaxe chega por canles insólitas ou pide información sensible; e lembrar que xa existe marco legal aplicábel, polo que corresponde denunciar —vía penal ou civil, segundo o caso— cando se produce o delito.

Para ver a entrevista completa, pódese acceder aquí

https://www.agalega.gal/videos/300831-clip-hora-galega-03-12-2025

e visualizar no minuto 22m09s.

Información relacionada