#CiberseguridadeTVG – Roubo de datos de tarxeta en campañas de marketing dixital: alerta e reacción ante o fraude

Imaxe

No Lambóns Dixitais da TVG (17/02/2026), Javi Mos (divulgador tecnolóxico e colaborador habitual na Radio Galega e na TVG) abordou un caso de roubo de datos de tarxeta vinculado a campañas de marketing dixital, destacando que mesmo persoas expertas en contornas dixitais poden verse afectadas por este tipo de fraude.

A súa suxestión principal: o primeiro que che din do banco é eliminar a posibilidade de que se estableza contacto con esa tarxeta.

Segundo Mos, os riscos máis relevantes inclúen:

  • cargos excesivamente frecuentes e con contías moi elevadas ou diferentes na conta asociada ás campañas.
  • fraude vía SMS para solicitar as claves de acceso.
  • solicitude das claves da tarxeta e do CVC para realizar cargos fraudulentos.

No apartado de recomendacións, o entrevistado salientou:

  • anular a tarxeta en canto se detecten cargos anómalos.
  • acudir á policía local e poñer unha denuncia.
  • remitir a denuncia ao banco para que fale con Facebook ou Meta e continúe a investigación para un posible reembolso.

Para ver a entrevista completa, pódese acceder aquí:

https://www.agalegaaudio.gal/videos/324339-lambons-dixitais-17-02-2026

e visualizar no minuto 06m.

Información relacionada