Informe de Ciberalertas
O Observatorio de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia publica o primeiro número do seu Informe de Ciberalertas, elaborado por Amtega no marco do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial. Esta publicación trimestral ofrece unha análise estruturada das vulnerabilidades e alertas máis relevantes para contornas ICS/OT, combinando fundamentos conceptuais con información práctica e directamente accionable para empresas e administracións públicas. Baseada en fontes oficiais de referencia e aliñado cos principais estándares internacionais, constitúe un recurso de utilidade para calquera organización que opere infraestruturas industriais en Galicia.