Comezamos o Camiño da Ciberseguridade

As persoas que forman as entidades públicas e as organizacións privadas son cada vez máis conscientes do ritmo frenético ao que avanza a dixitalización.

Por iso, na Amtega queremos axudarte a preparar esta mochila, para que sexas capaz de afrontar de maneira eficaz cuestións derivadas da proliferación dos avances tecnolóxicos, a globalización dos recursos e sectores e a sofisticación dos dispositivos móbiles que forman parte do noso día a día. 

Con todo, e como ocorre na maioría de disciplinas, en materia de seguridade e protección da información, o comportamento humano é o piar esencial sobre o que se articulan o resto de cuestións. Por este motivo, implantar unha cultura de ciberseguridade deixou de ser unha opción e converteuse nunha necesidade para todas as sociedades. 

Neste sentido, e segundo o recolleito no Data Breah Investigation Report 2021, o 87% das empresas sufriu polo menos un ciberataque e, no 85% dos casos, o factor humano xogou un papel fundamental. Por iso, as solucións de seguridade máis avanzadas ou os sistemas de acceso máis modernos non serven de nada sen a correcta capacitación de quen xestiona, modifica, transmite e eliminan a información. 

Imaxe
Inicio del proyecto

Desde o inicio da pandemia, subimos á rede a maior parte da nosa vida: estudos, traballo e lecer forman parte do mundo en liña, o que supón uns riscos asociados a nosas propias actitudes, froito do descoñecemento, ou malintencionados, provenientes de ciberdelincuentes que buscan obter un beneficio. 

Por iso, desde a Amtega queremos convidarche a que comeces este camiño de aprendizaxe connosco, no que, a través de vídeos, comunicacións, formacións e eventos, axudarémoste a desenvolver todas as capacidades necesarias para que poidas facer fronte a todos os perigos aos que estás exposto.

Porque en ciberseguridade, cada clic conta.

Imaxe
Datos inicio do proxecto