Hoxe en día, os menores pasades a maior parte do voso tempo no mundo en liña: compartir imaxes, publicar comentarios ou editar vídeos forman parte da vosa vida cotiá.

Compartir información e expoñer os vosos datos persoais son accións que levan asociados uns riscos e unhas consecuencias derivadas dos mesmos que non podedes ignorar.

Con todo, non podemos empezar a construír a casa polo tellado. O primeiro e máis importante é ter claro que é un dato persoal. É un concepto que fai referencia a todo aquilo que pode identificarte: nome, apelido, idade ou correo electrónico son algúns exemplos de datos persoais.

Partindo desta premisa, é importante que sigas as recomendacións para protexerte a ti e á túa información da maneira máis apropiada:
-
Contrasinais: actúan de escudo e defensa contra os ciberdelincuentes, polo que debes ser moi minucioso á hora de utilizalos. Que teñan unha lonxitude suficiente e que sexan fáciles de lembrar e difíciles de adiviñar.
-
Contido: cada vez que sobes contido á túa rede social preferida estás a compartir datos persoais, polo que debes revisar as opcións de privacidade e seguridade de cada unha delas para estar o máis protexido posible.
-
Información: ao navegar pola rede, evita dar máis información que a estritamente necesaria.

-
Política de privacidade: todos os servizos en liña contan cunha, á túa disposición, e débela coñecer e revisar.
-
Aplicacións: evita descargalas de sitios non oficiais, poderían conter malware ou acceder a información innecesaria dos teus dispositivos para o seu funcionamento.
-
Cookies e historial: elimina habitualmente ambos, para evitar que se almacene información sobre os teus hábitos de navegación e gustos.

E sobre todo, utiliza o sentido común e, ante a menor dúbida, desconfía!
Porque en ciberseguridade, cada clic conta.
