10:00 - 11:00
A charla ofrecerá unha introdución accesible ao panorama actual da ciberseguridade, abordando os principais ciberataques, as súas consecuencias e o papel da intelixencia artificial e do factor humano.
Presentaranse ademais medidas de protección alcanzables e os novos desafíos expostos pola computación cuántica. Finalmente, introduciranse ARQADE, a criptografía post-cuántica e a distribución cuántica de claves como solucións para protexer as comunicacións do futuro.
Empresas do ámbito civil, seguridade e defensa interesadas en incorporar Intelixencia artificial e tecnoloxías cuánticas aplicada á ciberseguridade para detectar ameazas, anticipar riscos, automatizar a resposta e reforzar a protección dos seus sistemas, datos e activos dixitais.