7, 8 e 9 de febreiro: Actividades Día da Internet Segura

Todo o día

Caducado
Imaxe

Para conmemorar e difundir o Día da Internet Segura 2023, que este ano celebra o seu vixésimo aniversario baixo o lema “Xuntos por unha Internet mellor”, o Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE) organiza tres talleres en liña interactivos (un cada día) orientados a que o público xuvenil desenvolva as competencias dixitais e aprenda a realizar un uso seguro e responsable da Internet.

Haberá tamén distintos eventos presenciais en Madrid e León, e incluso un concurso, actividades que se poden consultar na seguinte ligazón.

Información relacionada