10:00 - 14:00
Actividades patrocinadas por S2 Grupo.
Ciber Escape Room «Operación Park»: Nesta actividade, as persoas participantes teñen unha misión: descubrir e neutralizar os hackers antes de que sexa demasiado tarde. A través de retos, dinámicas de equipo e probas cheas de adrenalina, aprenderán a detectar trampas, protexer os seus datos e actuar con rapidez. As persoas participantes distribuiranse en equipos para resolver a misión.
Cibertaboleiro «Cyber Adventure»: Mediante este xogo da oca xigante, as persoas participantes xogarán por equipos e aprenderán a desenvolverse de forma máis segura en Internet mentres superan diferentes retos e preguntas. A través do xogo traballarán conceptos como a creación de contrasinais seguros, a protección dos seus datos persoais, os riscos de compartir información, como identificar comportamentos sospeitosos e que facer ante situacións incómodas ou perigosas na rede.
Cyber Arena: Coa axuda dun hacker, as persoas participantes internaranse na Cyber Arena, onde competirán por equipos superando diferentes retos e actividades prácticas.
Cada actividade ten unha duración de 45 minutos e está deseñada para a participación dunha clase (aproximadamente 30 escolares) de entre 8 e 16 anos.
Estas actividades están reservadas a centros educativos que desexen asistir presencialmente. Os centros interesados en acudir a unha ou varias actividades deberán solicitalo poñéndose en contacto coa organización a través do correo electrónico inscricions-encontrocibergal [at] xunta.gal (inscricions-encontrocibergal[at]xunta[dot]gal) e indicando: nome do centro, curso, número de prazas e datos de contacto da persoa responsable do grupo.
Actividade unicamente en modalidade presencial.