16:00 - 19:00
Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuíta e está dispoñible aquí: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/
Competición patrocinada por Gradiant e integrada no VI Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. A actividade consiste nunha serie de retos deseñados para poñer a proba os coñecementos e habilidades das persoas participantes no ámbito da seguridade de sistemas e aplicacións. Entre as categorías que poderán atoparse inclúense:
Cada desafío superado outorga unha puntuación en función da súa dificultade. A clasificación final determinarase polo total de puntos acadados e, en caso de empate, polo tempo empregado na resolución dos retos.
Haberá premios para o 1º clasificado (portátil + Flipper Zero) e para o 2º clasificado (Flipper Zero). As persoas gañadoras anunciaranse durante o acto de clausura do evento de día 5 ás 14:15h, no que se realizará tamén a entrega dos premios.
A participación é individual. As persoas interesadas deberán inscribirse a través do formulario dispoñible aquí: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/.
É necesario ser maior de idade e acudir co propio ordenador portátil.