17:30 - 19:30
«Preparando ás PEMEs galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo» é una iniciativa que ten como finalidade concienciar e capacitar ao tecido empresarial galego en materia de ciberseguridade principalmente ofrecendo sesións formativas e divulgativas que dean resposta ás necesidades reais das PEMEs en relación coa protección da información, o cumprimento normativo e os novos retos tecnolóxicos.
Nesta sesión de «Ciberseguridade para pemes e autónom@s» faremos un repaso polas cuestións principais de ciberseguridade que afectan ás persoas no seu día a día tanto no ámbito corporativo coma no persoal. Preténdese que os asistentes comprendan a importancia das técnicas de manipulación e engano nos procesos de ciberataques, con especial atención ao phishing como modalidade máis estendida.