Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas

Imaxe

20:00 - 22:00

Salón de plenos, Concello de Salvaterra. Praza da Constitución, nº 1, Salvaterra de Miño
  • Cres que a ciberseguridade depende só da tecnoloxía… ou tamén das persoas?
  • Sabes cales son os riscos dixitais máis comúns aos que se enfronta a túa empresa?
  • Poderías recoñecer un correo falso antes de facer clic?

Para quen está dirixido?
Este obradoiro está dirixido ao persoal de pemes, persoas autónomas e a calquera persoa interesada en aprender a protexerse no mundo dixital.


Que aprenderemos?

  • Como pensan e actúan os ciberdelincuentes para poder anticiparse aos
    seus movementos.
  • Como protexer correctamente as túas credenciais, o posto de traballo e
    os dispositivos móbiles.
  • Coñecer as novas e principais ameazas en liña e aprender a detectalas.
    Solicita agora a túa praza! Esperámoste!