Ciberseguridade para pemes e autónom@s (sesión de mañá)

09:30 - 11:30

En liña
Imaxe

«Preparando ás pemes galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo» é unha iniciativa que ten como finalidade concienciar e capacitar ao tecido empresarial galego en materia de ciberseguridade principalmente ofrecendo sesións formativas e divulgativas que dean resposta ás necesidades reais das pemes en relación coa protección da información, o cumprimento normativo e os novos retos tecnolóxicos.

Nesta sesión de «Ciberseguridade para pemes e autónom@s» faremos un repaso polas cuestións principais de ciberseguridade que afectan as persoas no seu día a día tanto no ámbito corporativo como no persoal. Preténdese que os asistentes comprendan a importancia das técnicas de manipulación e engano nos procesos de ciberataques, con especial atención ao phishing como modalidade máis estendida.

Información relacionada