12:00 - 19:00
O día 6 de novembro, no marco do V Encontro CIBER.gal, poderase visitar o demostrador "Seguridade cuántica para redes tácticas: proba de concepto" na Sala 1 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en horario de 12h a 19h de forma continuada.
A PoC mostrará un despregamento in situ dunha arquitectura 5G cuántico-segura para escenarios de comunicacións tácticas. Intégranse infraestrutura QKD e mecanismos híbridos de seguridade PQC–IPsec e MACsec–QKD sobre unha arquitectura 5G. A contorna táctica desprégase mediante un vehículo con material criptográfico QKD que establece unha rede 5G privada en campo, proporcionando comunicacións seguras e de baixa latencia a UGVs e robots cuadrúpedos en contornas tácticas.
Organiza: Universidade de Vigo - atlanTTic. Programa RETECH (Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica) PRTR — NextGeneration (EU). Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia-AMTEGA para a creación dunha rede de laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade no ámbito do RETECH.
Para esta actividade non é necesaria a inscrición para asistir. Só é preciso achegarse á sala correspondente no horario establecido