09:30 - 11:30
«Preparando ás pemes galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo» é unha iniciativa que ten como finalidade concienciar e capacitar ao tecido empresarial galego en materia de ciberseguridade principalmente ofrecendo sesións formativas e divulgativas que dean resposta ás necesidades reais das pemes en relación coa protección da información, o cumprimento normativo e os novos retos tecnolóxicos.
Nesta sesión sobre a «Directiva NIS2» coñeceremos en profundidade a Directiva NIS2 e o seu impacto na ciberseguridade das organizacións. A sesión abordará o novo marco regulador europeo orientado a reforzar a protección dos sectores críticos e servizos esenciais, así como as obrigacións que deben asumir as empresas para garantir un elevado nivel de seguridade da información e resiliencia fronte ás ciber-ameazas.