ESPAZOS TÉCNICOS

15:45 - 18:15

Sala 9 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuíta e está dispoñible aquí: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/

Espazos destinados á breve exposición de proxectos, ideas, traballos e iniciativas en ciberseguridade. Acollerán estudantes especializados en ciberseguridade, profesionais da materia e outras persoas relatoras vinculadas, nun contorno distendido no que, tras as breves exposicións, as persoas asistentes poderán formular preguntas. 

Actividade en modalidade presencial e en liña.

 

Laboratorio móbil de adquisición e análise de evidencias dixitais
  • Presentación a cargo de Rafael López - Coordinador do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Análise forense de memoria RAM para a obtención de mensaxes de chats cifrados
  • Presentación a cargo de Rafael López - Coordinador do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Escanear sen saber: Porque non fiarse dun QR
  • Presentado por Pablo Couselo - Exalumno do Curso de Especialización en Ciberseguridade e profesional de Balidea, e Julio Aller Acuña, exalumno do mesmo programa formativo
Técnicas inéditas de persistencia en Linux. Máis alá de MITRE ATT&CK
  • Presentado por Manuel González – Coordinador e Profesor do IES San Clemente
Evolución de ciberataques iranís 
  • Presentado por Martín Muiño - Exalumno do Curso de Especialización en Ciberseguridade do IES San Clemente e profesional de Forensics and Security