10:30 - 13:00
A iniciativa, liderada desde a Amtega, quere axudar a impulsar que cada vez máis mulleres desenvolvan as súas carreiras profesionais na ciberseguridade. Contamos para iso coa mirada e as experiencias de tres mulleres que traballan e destacan seguindo traxectorias moi diferentes neste campo. Con elas exploraremos as diferentes opcións educativas e profesionais na materia, co convencemento de que a audiencia atopará información e referentes motivadores para animarse a dar os seus primeiros pasos no camiño dunha área educativa e profesional apaixonante e con grandes perspectivas profesionais para o futuro.
Modalidade: En liña