16:30 - 18:30
«Preparando ás pemes galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo» é unha iniciativa que ten como finalidade concienciar e capacitar ao tecido empresarial galego en materia de ciberseguridade principalmente ofrecendo sesións formativas e divulgativas que dean resposta ás necesidades reais das pemes en relación coa protección da información, o cumprimento normativo e os novos retos tecnolóxicos.
Esta sesión sobre a «Lei de Ciberresiliencia» está dirixida a directivos e responsables técnicos de empresas fabricantes de hardware ou software para coñecer en profundidade a Cyber Resilience Act (CRA) e os novos requisitos de ciberseguridade establecidos pola Unión Europea para os produtos dixitais. A sesión permitirá comprender o impacto desta normativa no deseño, desenvolvemento e comercialización de produtos con compoñentes dixitais, así como as obrigacións que deberán asumir fabricantes, distribuidores e importadores.