10:00 - 12:00
A sede central da CEL acollerá en maio, o xoves día 7, un obradoiro sobre ciberseguridade organizado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) co obxectivo de concienciar e capacitar ás pemes e persoas profesionais autónomas fronte aos principais rectos actuais en materia de ciberseguridade.
O obradoiro impartirase na modalidade presencial, en horario de 10.00 a 12.00 horas, e incluirá información sobre as regas dixitais máis comúns que afectan ás pequenas empresas e como detectalos, métodos de actuación dos ciberdelincuentes e como previlos ou medidas de protección de credenciais e dispositivos móbiles, entre outras).
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse NESTA LIGAZÓN.