12:10 - 14:15
Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuíta e está dispoñible aquí: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/
Neste obradoiro presentarase Volatility, unha das ferramentas de código aberto máis empregadas para a análise forense de imaxes de memoria RAM. As persoas asistentes coñecerán as funcionalidades básicas da ferramenta e as principais diferenzas entre a versión actual (3.x) e a histórica versión 2.6.1, que continúa sendo de utilidade en determinados contornos.
Ao longo da sesión empregaranse distintas imaxes de memoria previamente preparadas polos relatores para ilustrar casos prácticos de análise e investigación forense, permitindo comprender o potencial destas técnicas na identificación de evidencias e actividades maliciosas.
O obradoiro está dirixido a estudantes, profesionais e persoas interesadas na ciberseguridade IT e OT, así como a membros das Forzas e Corpos de Seguridade especializados en ciberdelincuencia.
Para participar recoméndase contar con coñecementos básicos dos fundamentos dos sistemas operativos, especialmente no relativo á xestión de procesos e conexións de rede.
As persoas asistentes deberán acudir co seu propio ordenador portátil, con soporte para virtualización e cun mínimo de 4 GB de memoria RAM dispoñibles para unha máquina virtual (recomendados 8 GB). A máquina virtual necesaria para a realización das prácticas será proporcionada polos relatores do obradoiro.
Obradoiro impartido por Rafael López - Coordinador do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e os alumnos Pablo Rodríguez Cascón e David Diz Nieves.