Obradoiro: MITRE ATT&CK TA0003: Técnicas de persistencia en Linux

09:50 - 11:55

Sala 8 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuíta e está dispoñible aquí: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/

Neste obradoiro práctico abordarase o concepto de persistencia e a súa relevancia dentro da Cyber Kill Chain, combinando unha visión ofensiva e defensiva para comprender como os atacantes manteñen o acceso aos sistemas comprometidos e como as organizacións poden detectar e mitigar este tipo de técnicas.

Ao longo da sesión poñeranse en práctica diferentes mecanismos de persistencia empregados en sistemas Linux, analizando os principios nos que se sustentan, o seu impacto nos sistemas e os rastros que deixan para facilitar a súa identificación e monitorización.

Entre as técnicas da matriz MITRE ATT&CK que se traballarán inclúense:

  • Account Manipulation
  • Boot/Logon Initialization Scripts
  • Create Account
  • Create/Modify System Process
  • Event Triggered Execution
  • Modify Authentication Process (PAM)
  • Scheduled Task/Job
  • Server Software Component

Ademais da implementación manual destas técnicas, presentaranse ferramentas que permiten automatizar o seu despregamento de maneira rápida e sinxela, facilitando ás organizacións a validación das capacidades dos seus sistemas de detección e monitorización fronte a este tipo de ameazas.

O obradoiro está dirixido ao persoal técnico, tanto de perfil ofensivo como defensivo. É necesario ter coñecementos de virtualización e manexo básico de sistemas Linux.

Deberase traer un portátil co software de virtualización VirtualBox e capacidade para executar unha máquina duns 6 GB de RAM. Uns días antes do obradoiro proporcionaráselles ás persoas asistentes unha máquina virtual coa que traballar ao longo da sesión, xunto coas instrucións.

Obradoiro impartido por Manuel González - Profesor do Curso de Especialización en Ciberseguridade IT do IES San Clemente.